22 feb. 2013

Xa sabemos o día e a hora


Deputación
   Tal e como fora anunciado hai un mes, o campionato de Bacharelato celebrarase os vindeiros días 1 e 2 de marzo  e seguirá o mesmo esquema de ubicación que na pasada edición: o Pazo de Mariñán albergará a concentración dos equipos e o salón de Plenos da Deputación da Coruña será o centro neurálxico dos encontros dialécticos.
    Ao longo da tarde do venres 1 de marzo, os autobuses recollerán aos participantes toda Galicia para trasladaren os equipos ata Bergondo. Ás 19:15 horas celebrarase a xornada de presentación e sorteo de equipos e ás 21:00 h iniciará a cea. Ao día seguinte, ás 9:00 darán inicio os debates en tres salas simultáneas.
     Esta edición do Parlamento Xove converte a Comunidade Autónoma de Galicia na primeira de España en número de participantes: 56 equipos. Na categoría de ESO, na que compiten equipos de 3º e 4º de Ensinanza Secundaria Obrigatoria de todos os centros de Galicia participaron 26 equipos, quedando finalistas o Colexio Sagrado Corazón das Filipenses de Vilagarcía e o SEK Atlántico de Vigo, aos que agora se lles suman os 27 de Bacharelato.


ÁNIMO EQUIPO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario