Mostrando entradas con la etiqueta Parlamento Xove 2013.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Parlamento Xove 2013.. Mostrar todas las entradas

19 mar 2013

Podes visitar o noso sitio web dende a páxina do noso colexio.


Agora podes visitar o noso sitio web dende a páxina web do noso colexio, nela poderás atopar moitos outros recursos, como é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Colexio, ou o blog dos Xogos Florais, competición lírica na que somos pioneiros, o blog do Departamento de Inglés...

Asi mesmo e grazas ó noso colexio estamos máis cerca de todos vos, intercambiando coñecementos e tendendo pontes.

Esperemos que vos guste o noso sitio web.

3 mar 2013

O Divina Pastora estará na final do Parlamento Xove

          O pasado sábado celebrouse a fase eliminatoria do Parlamento Xove 2013, no hemiciclo da Deputación herculina. Alí celebráronse 36 debates todos eles desenvoltos por equipos formados por estudantes, provintes de toda Galiza, formando un total de 24 equipos, dos que só se clasificaron oito equipos para a final, sendo deste xeito a edición máis numerosa.

Tres equipos tomaron dende o primeiro momento a dianteira, o IES Becerreá, o IES de Foz e o Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense, clasificándose nos primeiros postos e cunha escasa diferenza de dous puntos entre eles ( 97,95 a 96,75 ). Todos eles cunha sobresaliente actuación e gañando todos os debates aos que se presentaron, o que causou un gran desacougo entre os outros participantes.
O xurado no acto de clausura destacou ademais o nome dos seis mellores oradores/as de Galiza, manifestando o alto nivel e o elevado número de merecentes deste distintivo, entre eles o noso refutador Serxio.
Será o vindeiro 6 de abril no hemiciclo do Parlamento nacional de Galiza, cando o Divina Pastora, representado por Elena, Carme, Jorge, Serxio e o noso capitán Xián loitarán por competiren en boa lide e respecto xunto aos outros sete magníficos restantes- E farano na sede da soberanía lexislativa galega: O Parlamento.

22 feb 2013

16 feb 2013

Pautas para o debate



Como era obrigado, as novas tendencias de forma e fondo do debate para o coñecemento interno do noso alumnado. Logo de colgarse na web, foi comentado punto por punto nos ensaios previos do pasado martes, 19 de febreiro.

Viaxe ao Mar

Carmen, Elena, Serxio e Jorge.
O venres 8 de febreiro, o equipo único inscrito de 1º de bacharelato viaxou ás augas da Comarca de Arousa para debater co Colexio Sagrado Corazón das Filipenses.

Eles tiñan dous equipos e a proba consistiu nunha extenuante maratón de catro debates en tempo real con algúns descansos para facer as valoracións oportunas.

O simulacro foi real, con xurado formado por ex-alumnos que participaron durante dous anos seguidos na competición e con reloxo oficial.

Xan Guillén coordinou o acto que ao final se estendeu un chisco máis do que pensabamos. Para os dous equipos foi un exercicio intenso e intelixente de mecanización do proceso regulamentario de debate e das novas que se incorporaron este ano tocante a aspectos relevantes como as conclusións.

O equipo volveu canso pero satisfeito pola experiencia vivida. Dámoslles as grazas desde o Departamento de Lingua e Literatura galega polo sacrificio de perder unha tarde de vacacións.

Tamén agradecemos desde este blog a xentil invitación do Colexio Pontevedrés.