3 mar 2013

O Divina Pastora estará na final do Parlamento Xove

          O pasado sábado celebrouse a fase eliminatoria do Parlamento Xove 2013, no hemiciclo da Deputación herculina. Alí celebráronse 36 debates todos eles desenvoltos por equipos formados por estudantes, provintes de toda Galiza, formando un total de 24 equipos, dos que só se clasificaron oito equipos para a final, sendo deste xeito a edición máis numerosa.

Tres equipos tomaron dende o primeiro momento a dianteira, o IES Becerreá, o IES de Foz e o Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense, clasificándose nos primeiros postos e cunha escasa diferenza de dous puntos entre eles ( 97,95 a 96,75 ). Todos eles cunha sobresaliente actuación e gañando todos os debates aos que se presentaron, o que causou un gran desacougo entre os outros participantes.
O xurado no acto de clausura destacou ademais o nome dos seis mellores oradores/as de Galiza, manifestando o alto nivel e o elevado número de merecentes deste distintivo, entre eles o noso refutador Serxio.
Será o vindeiro 6 de abril no hemiciclo do Parlamento nacional de Galiza, cando o Divina Pastora, representado por Elena, Carme, Jorge, Serxio e o noso capitán Xián loitarán por competiren en boa lide e respecto xunto aos outros sete magníficos restantes- E farano na sede da soberanía lexislativa galega: O Parlamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario