3 mar 2013

3 DE 3 DEBATES GAÑADOS, 3º EN PUNTUACIÓN GLOBAL E SERXIO ENTRE OS MELLORES ORADORES: PARABÉNS

Ninguén podía prever o que aconteceu desde a viaxe de Ourense a Mariñán e logo A Coruña cruzando A TERRA MEDIA de Galiza e parando para recoller os equipos de Lalín e Silleda.

A satisfacción do traballo realizado previamente deu resultado. Os rapaces estaban moi verdes a finais de xaneiro cando comezou os ensaios de oratorio. A mediados de febreiro, antes do Entroido foron debater a Vilagarcía con dúbidas por todas partes e sen coñecer e asimilar ben a estrutua do debate.

QUINCE DÍAS MÁIS TARDE A EIRUGA CONVERTEUSE EN BOLBORETA!  e non por arte de birle-birloque senón por tesón, ilusión e un chisco de sorte. O 13 foi clave, foi o noso número no sorteo entre 24 equipos e logo foi o mesmo número de ARES paralelos que tiñamos, 7 a favor e 6 en contra.

ÁNIMO EQUIPO QUE QUEDA MOITO CAMIÑO ATÉ SANTIAGO!

AGARDAMOS ANSIOSOS O NOVO TEMA DE DEBATE, sobre todo SERXIO!

ACÉPTANSE PORRAS TEMÁTICAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario