28 feb 2013

VIAXE A BERGONDO E A CORUÑA

                                                            Todos 3 sen J. dando ánimos


Hoxe mesmo saímos ás 17: 40 h aproximadamente en transporte público, como debe ser para o aforro enerxético. Comprácenos saber que o IES de Antioquía de Xinzo de Limia viaxa connosco representando a provincia de Ourense. O resto de equipos, até 30 proveñen das outras tres provincias. Parécenos un claro reflexo de que algo non se está a facer ben, tanta inanición e pasividade coas actividades extraescolares non pode ser bo.

En fin, hoxe mesmo tiven a noticia de que o equipo de debate do ano pasado, formado por Julián, Carlos, Sara e Alba de 2º A acadaron o segundo premio na competición de investigación de dossier, blog e artigos e opinión, só superados polo IES de Fene. Parabéns para todos eles.

Imos con ánimo renovado para representarmos da mellor maneira posible a este noso colexio e a toda a comunidade educativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario