16 feb 2013

Viaxe ao Mar

Carmen, Elena, Serxio e Jorge.
O venres 8 de febreiro, o equipo único inscrito de 1º de bacharelato viaxou ás augas da Comarca de Arousa para debater co Colexio Sagrado Corazón das Filipenses.

Eles tiñan dous equipos e a proba consistiu nunha extenuante maratón de catro debates en tempo real con algúns descansos para facer as valoracións oportunas.

O simulacro foi real, con xurado formado por ex-alumnos que participaron durante dous anos seguidos na competición e con reloxo oficial.

Xan Guillén coordinou o acto que ao final se estendeu un chisco máis do que pensabamos. Para os dous equipos foi un exercicio intenso e intelixente de mecanización do proceso regulamentario de debate e das novas que se incorporaron este ano tocante a aspectos relevantes como as conclusións.

O equipo volveu canso pero satisfeito pola experiencia vivida. Dámoslles as grazas desde o Departamento de Lingua e Literatura galega polo sacrificio de perder unha tarde de vacacións.

Tamén agradecemos desde este blog a xentil invitación do Colexio Pontevedrés.

No hay comentarios:

Publicar un comentario