17 feb. 2013

Parabéns ao Sagrado Corazón

Logo desta fin de semana, a fase clasificatoria para a categoría da ESO tivo como finalistas ao Colexio concertado Sagrado Corazón As Filipenses de Vilagarcía de Arousa e mais o Colexio privado SEK ATLÁNTICO.

Ambos estarán presentes, xa con distinto tema de debate, na segunda semana de abril na sede do Parlamento galego na Rúa do Hórreo.

É unha satisfacción para nós comprobarmos o nivel hai dez días deste hospitalario colexio ao cargo do seu capitan Xan Guillén.

  PARABÉNS AO GRUPO VILAGARCÍAN

No hay comentarios:

Publicar un comentario